Como todos os anos, adicamos unha semana ás actividades lúdico-culturais. Velaquí tedes unha mostra do moito que facemos na escola en días como estes. Dende coñecer a contorna máis próxima, como o carballo de Conxo, o órgano da Catedral ou unha fábrica de Queixo, ata visitar cidades históricas como Braga, Portugal ou Roma ,Italia. Dende xogos organizados pola ANPA como as Olimpíadas en EP, ata excursións multiaventuras na ESO. Todo ten cabida!! Obradoiros como: ciencia divertida, papiroflexia, pulseiras e cerámica!!! Saltos de lonxitude ou iniciación á Esgrima…. Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela ou o Museo da Maxia. Todo esforzó ten a súa recompensa!

Comments are closed.