O Colexio San José de Cluny de Santiago está integrado na Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia dende o curso 2017-2018 e nestes últimos anos estamos inmersos nun proceso de remodelación da biblioteca coa finalidade de que esta se converta nun centro de recursos e oportunidades de lectura, información e aprendizaxe, de apoio ao profesorado no exercicio da práctica docente, e que ao mesmo tempo facilite ao alumnado a aprendizaxe dos contidos curriculares e a adquisición das competencias clave e dos hábitos de lectura. Concíbese como un espazo aberto de encontro non só de alumnos senón tamén de toda a comunidade educativa e está aberta en horario continuado de 8.40 a 18.30, incluídos os recreos e os períodos non lectivos do mediodía e ao remate das clases. Nestes momentos os alumnos acoden de maneira voluntaria para xogar, ler, buscar información ou realizar tarefas voluntarias, promovendo así o lecer san, os recreos inclusivos e a atención á diversidade. A biblioteca presta diferentes servizos como son: lectura en sala, préstamo, busca de información, actividades de fomento da lectura, acceso a internet, formación de usuarios …. Ao mesmo tempo tamén está configurada como un lugar creativo de construción do coñecemento, habilitando espazos e proporcionando oportunidades para que os seus usuarios poidan atoparse para pensar, deseñar, debater, investigar, crear e desenvolver proxectos de carácter cultural e manipulativo. Para facilitar isto está organizada en diferentes espazos como: recuncho de préstamo, lectura informal, traballo en grupo, xogos, espazo creativo, zona de ordenadores, e este curso estamos poñendo en marcha os espazo “maker” con robótica e co equipamento necesario para a creación dun laboratorio de radio, dado que participamos no programa Radio Escolar de Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Nela centralízanse todos os recursos, tanto impresos coma dixitais: libros, revistas, xornais, mapas, enlaces así como o material informativo que se emprega nos diferentes traballos escolares e proxectos de investigación, e tamén se incorporan os libros realizados polos propios alumnos. Todos os fondos documentais están ordenados e catalogados segundo o modelo de Clasificación Decimal Universal (CDU) e xestionados a través do programa Meiga. A biblioteca tamén pasou a ser o centro de atención á formación de hábitos de lectura para o que se deseñan e coordinan diferentes actividades de fomento e comprensión lectora como: apadriñamentos lectores, a pregunta do día, reto lector, obradoiros de cómic, contos ou poesía, lecturas en voz alta, maletas e mochilas viaxeiras, debates e encontros con autores e persoeiros destacados en distintos eidos. Así mesmo realízanse actividades coas familias como obradoiros con pais, contacontos de avós e exposicións dos traballos de alumnos, entre outras. Tamén se converteu nun elemento fundamental para o desenvolvemento da práctica educativa diaria e un apoio permanente á innovación, xa que é o lugar no que se coordinan todos os proxectos do centro e onde se atopan os recursos para poder levalos a cabo e se presentan aos compañeiros e ao resto da comunidade educativa. Entre eles destacamos varios proxectos de centro: Voz Natura, Hábitos de vida Saudable, O Coidado da Casa Común e As Letras Galegas. Finalmente resaltar que a biblioteca é un instrumento eficaz para loitar contra a descompensación social e cultural porque intenta dar resposta ás necesidades de todo o alumnado, de forma que teñan acceso a recursos como: os libros de lectura obrigatoria e recomendada, os libros informativos que precisan para a realización de tarefas e proxectos e o uso de ordenadores fóra de horario lectivo para a elaboración de traballos e a busca de información.
La biblioteca forma parte de la Red de Bibliotecas Escolares de Galicia por lo que el sistema de préstamo y catalogación se realiza a través del programa MEIGA siguiendo el criterio de Clasificación Decimal Universal.
Para una mayor optimización de los recursos la biblioteca está organizada en diferentes zonas:

  • Zona de préstamo
  • Zona de lectura individual
  • Zona de trabajo en equipo
  • Zona de ordenadores
  • Alfombra
  • Rincón lúdico de juegos lógicos
  • Zona de periódicos y revistas
  • Rincón de novedades
  • Zona de materiales audiovisuales/digitales
  • Libros y materiales elaborados por los alumnos