museo_cluny_santiago

museo_cluny_santiago

Como cada ano, volvemos ao Museo do Pobo Galego, dándolle a esta saída un carácter xa tradicional dentro das visitas programadas ao longo do curso.

O principal museo antropolóxico da nosa comunidade ofrece unha oportunidade extraordinaria e de moi fácil alcance de adentrarnos nunhas raíces que sempre sorprenden e despertan a curiosidade dos alumnos.

Se ben o ano pasado recibiron as explicacións dos seus compañeiros de terceiro ciclo, son agora os de 5º de primaria os que se encargan de preparar unha sesión maxistral para os pequenos de 2º.

5ºA encargarese de preparar os Oficios tradicionais, mentres que 5ºB explorará o mundo dos tecidos e materiais descoñecidos para eles e que se empregaban nos séculos XIX e principios do XX na elaboración dos traxes e roupas, tanto para ocasión de gala ou de emprego cotián.

As ferramentas empregadas, útiles profesionais, materiais orixinais, o descubrimento de que o traxe tradicional non era de baile na súa orixe… unha mañá polos corredores do Museo convértese nunha experiencia inesquecible para todos eles.

Comments are closed.