Os alumnos de 6ºEP acudiron a sede de AFundación para disfrutar dunha mostra
internacional de ilustración contemporánea. Proxectos ilustrados individuais e
colectivos nos que os artistas comunican dunha forma libre, moi creativa e
transgresora coa temática da muller como fío conductor.
Para moitos alumnos tratábase da súa
primera ollada a unha mostra de arte contemporánea e foi unha experiencia
emocionante en torno a técnicas coñecidas por eles como o collage
pero outras máis “vivas” como as instalacións
conceptuais.
Resaltou o numeroso grupo de artistas da
exposición entre os que destacaron ilustradoras galegas como Lara Lars cunha grande proxección internacional cuxa
obra foi moi do gusto da mayoría dos rapaces .
A mañán completouse cun taller de
estampación co ferro sobre cartón co que os cativos ilustraron o seu propio
conto de misterio, terror ou ciencia
ficción entre outros!
Unha experiencia para repetir!!









