Ganadores XI Concurso de Incubadora de Sondaxes e Experimentos convocada por UCLM/SEIO con…XACOMAT.2022: O inicio dun gran camiño,!!! TOLEDO 2022

Galardoados

Ruyi Ye, Sofía Seoane, Julia Bello, Fabio Antelo, Óscar Rozas e Manuel Cabaleiro (Titor)

Non foi o azar quen levou a estes alumnos de Cluny  a  gañar o XII Concurso de Incubadora de Sondaxes e Experimentos, se non o seu concienzudo traballo e unha motivadora convocatoria a nivel nacional por parte da UCLM  (Universidad de Castilla La Mancha)  e SEIO (Sociedad de Estadística e Investigación). Tras gañar en Galicia entre 6 colexios (16 participantes), fixéronse co 1º Premio na Fase nacional celebrada en Toledo do 23 ao 25 de Xuño, fronte as outras 16 comunidades, nunhas xornadas adicadas a aprender uns dos otros e a descubrir a sempre interesante utilidade das Matemáticas.

Premios ben recibidos como tablets, diplomas ou dotacións económicas…pasaban a un segundo plano comparado co disfrutrado.

XACOMAT-2022

 Durante o curso, os alumnos de 1º ESO de Cluny Santiago non dubidaron en acudir á chamada da  Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), que convocaba  de novo o Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. Esta convoctoria era dirixida a proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, FP Básica, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia. De aquí pasarían ó certame nacional en Toledo.

 E nós tíñamos un proxecto de investigación moi interesante.” (afirma un dos alumnos investigadores):

 Afectou a pandemia ó Camiño de Santiago? O obxectivo principal do traballo que nos ocupa foi coñecer o impacto da pandemia sobre o Camiño de Santiago no mes de abril do ano  Xacobeo 2022.

Ademáis de aprender a levar a cabo un proxecto deste tipo de xeito más lúdico e de aplicación na nosa contorna(recollida de datos, análise e interpretación dos mesmos…emprego de base de datos de institutos oficiais…), Ruyi, Sofía, Julia, Óscar e Fabio aprenderon da experiencia, da emoción e do valor do traballo ben feito. Noraboa a todos!

 Poderemos atopar publicadas as súas conclusións? ¡Efectivamente! Pronto editarán unha recopilación cos traballos gañadores e poderemos empaparnos da súa investigación.

¿Haberá un Xacomat 2023? Teremos que esperar para comprobalo…..Agora toca descansar!!

Comments are closed.