Concurso Nacional de Danza ANAPRODE

danza_cluny_santiago

danza_cluny_santiago

Esta fin de semana celebrouse en Santiago a 1ª fase do concurso nacional de danza  ANAPRODE. Cluny participou con 3 coreografías co obxectivo de vivir a experiencia xa que se celebraba na nosa cidade. Estamos moi orgullosos dos resultados xa que todos os grupos acadaron 14 puntos que nos proporcionaron un 2º posto que nos sabe a victoria, sendo conscientes de que ensaiamos 1 hora semanal e que a maioría das alumnas era a primeira vez que bailaban nun evento deste tipo.

Quedámonos coas palabras textuais de alumnas que describen a experiencia como:

Fin de semana moi divertida, experiencia inolvidable, moita ilusión e nerviosismo, gustounos a vestimenta, maquillaxe e peinado, encantáronnos os camerinos, sobre todo as luces dos espellos, gustounos compartir e facer amigos doutras escolas, foi xenial pasar o día enteiro coas miñas compañeiras, bailar, comer xuntas,…

Pois iso…UNHA FIN DE SEMANA DE DANZA INOLVIDABLE!!

Os máis sinceiros agradecementos as familias e compañeiros/as  que nos axudaron a que todo saíse perfecto (maquillaxe, peluquería, realización de escenografía, acollernos no cole ás 6 da mañá, ánimos e felicitacións, …). Os premios tamén son vosos por que sen vós non sería posible conseguilos. GRACIAS!

danza_cluny_santiago
danza_cluny_santiago

Comments are closed.