CHARLA POLICÍA: REDES SOCIAIS

charla_policia_cluny

charla_policia_cluny

Os alumnos de 6ºEP recibiron o pasado xoves 21 de marzo a visita da Policia Nacional no colexio.

Unha axente encargouse de ofrecer información sobre o uso responsable das novas tecnoloxías da información e da comunicación. A seguridade en Internet e o uso adecuado das redes sociais é fundamental para previr novas formas de acoso entre pares(cyberbullying) pero tamén doutras na que os rapaces poden ser vítimas de persoas adultas malintencionadas.

Moitos alumnos acceden prematuramente ao uso de  teléfonos móviles e Internet por iso moitos deles fixeron preguntas moi específicas aportando experiencias persoais ou de coñecidos e estiveron moi atentos as explicacións en materia de ciberseguridade e lexislación vixente ao respecto.

Todos os alumnos valoraron moi positivamente esta charla demostrando un alto grado de interese, atención e participación na mesma.

Comments are closed.