Un ano máis o apicultor Xosé Manuel Durán dende a súa tenda “A cesta da saúde” convídanos a mergullarnos no mundo das abellas e o mel. A súa proposta é participar no concurso “Carapuchos abelleiros” para elaborar as carapuchas que decorarán os tarros do mel das súas colmeas. Este ano, dende o 29 de outubro ao 16 de novembro convocamos a III edición do certame que permite aos nosos alumnos demostrar a súa creatividade, habilidade artística e o coñecemento e implicación no coidado da casa común: o noso planeta.
O pasado xoves, 22 de novembro, reuniuse o xurado e tras duras deliberacións elixiron o gañador/a de cada categoría.
Os premiados son:
1º EP: Alicia Tábora Álvarez-Santullano
2º EP: Diego Suárez Sánchez
3º EP: Lúa Otero Lenzós
4º EP: Miriam Toande Salvado
5º EP: Iria Fernández Fernández
6º EP: Rocío Chao Fernández
Nesta semana os gañadores achegáronse á tenda de Xosé Manuel para recoller o seu merecido galardón: un tarro de mel decorado co seu correspondente carapucho. Queda pendente na próxima primavera unha visita á colmea para coñecer de primeira man como é o seu funcionamento.