AUDITORIO: 6º PRIMARIA “ O CREBANOCES”
O pasado xoves 8 de Novembro os alumnos de 6º de Primaria asistiron a un concerto da Filharmonía no Auditorio de Galicia.
Nesta ocasión os alumnos poideron disfrutar da música dun dos compositores máis afamados da música clásica: Tchaikovski.
O Crebanoces é o terceiro ballet ao que este compositor do s XIX lle puxo música.
Mentres os rapaces disfrutaban da música da orquestra sinfónica sobre o escenario narrábase o conto de Hoffmann pero cunha particularidade que gustou moito aos nenos: os personaxes do conto eran interpretados por títeres!.
A escenografía pois mantivo aos nenos atentísimos a historia que se desenrrola en Alemaña na Navidade de 1850 na casa do xuiz Stahlbaum. Alí mentres Clara e Fritz os fillos do matrimonio estaban a abrir os regalos aparece o vello Drosselmayer –mago e padriño de Clara- co seu sobriño e unha caixa. Ao abrila caixa aparece un Crebanoces con forma de soldadiño de madeira que sirve de pretexto para vivir un sinfín de aventuras fantásticas, con batallas de ratóns e soldadiños de xenxibre .
A experiencia foi moi positiva e logrou o obxectivo: xerar interese e gusto pola música clásica. Repetiremos!!!!